• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Contradicción

ARBOIRO

Contradicción
INV:
9131
Año de creación:
1981 - 1982
Dimensiones:
46 x 11 x 14
Técnica:
Bronce e buxo

Comentarios

O home e a muller xogan sempre a dualidade, a seren polos opostos que, sen embargo, se atraen e se necesitan. Son sempre un interminable tema de inspiración para a creatividade artística.

As dúas figuras, situadas na mesma base de madeira, situadas nun mesmo espacio, preséntanse enlazadas e, ó mesmo tempo, non se comunican visualmente, danse as costas. O xesto das figuras describe un momento de enfado, un instante conxelado onde o personaxe masculino intenta atrae-la fuxidía figura feminina.

A materia describe a intensidade do momento, o autor proxecta o movemento e a violencia da situación a través dunha superficie rugosa, reservando os detalles figurativos para os rostros, que identifican ás figuras, e transformando os seus corpos en natureza viva, en raíces, en árbores que parecen converte-la obra nunha suxerente interpretación do mito de Apolo e Dafne das Metamorfosis de Ovidio.

Exposiciones

"Esculturas de Florencio de Arboiro". 1982. Sala de Exposicións de Caixaourense, A Coruña".
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78