Comentarios
O fío conductor da súa obra é o seu vencellamento ás xentes e costumes da súa terra, que alimentan a súa imaxinación, atopando no barro o xeito de exteriorizar a súa poesía. Non busca crear tipos, só lle interesa a xente e a súa vida cotiá. Nesta obra as figuras abrollan do barro formando un grupo, de modelado fluído e tenro, no camiño de Rodin e Rosso, que a policromía realza de maneira singular. É a súa unha arte que non cre nin en vangardismos nin en tradicionalismos, só naquelo que por fundamental, por esencial, se aparta de calquera esteticismo.