Sin título

- INV:
- 9083
- Año de creación:
- 1990
- Dimensiones:
- 56 x 41 x 34
- Técnica:
- Pedra de Moeche
Comentarios
Xoga con dúas pezas verticais independentes, ofrecendo distintas posibilidades de lectura. Por unha parte suxire o acoplamento das dúas pezas nun só bloque e por outra incita ó observador a un troco de posición dos elementos que o compoñen insinuando a existencia dun espacio interior. O purismo das formas, con planos rectos e perfís en ángulo harmoniza coa propia beleza do material que se ofrece con toda a súa forza cromática e riqueza de textura, tersa e pulida, rugosa e áspera, conxugando o constructivismo racionalista da escultura con certo sentido lírico.Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición"Entre a tradición e a modernidade"