Comentarios
Tres figuras femininas e un neno dispóñense simetricamente, unha de pé e dúas sentadas, co aire dun ritual que se repite cada día. O conxunto escultórico, de pequeno formato, faise meirande, na sensibilidade do que o contempla, robustecido pola tenrura que transmiten as figuras que, cun expresivo silencio transmiten un cálido sentimento de respecto cara aos modos de vida das xentes sinxelas do pobo. O contorno suave dos rostros contrasta cos sucos e asperezas dos vestidos, cunha linguaxe propia, de grande atractivo.
Exposiciones
"Arturo Baltar", exposición antolóxica na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo, decembro de 1992, e xaneiro de 1993, e no Kiosko Alfonso, A Coruña, febreiro e marzo de 1993.