Comentarios
A cabeza dunha muller xorde da parte inferior da táboa cos brazos levantados, suxeitando un cesto cheo de peixe, que apoia sobre a cabeza. O rostro, coa mirada baixa e os beizos apertados, cobra gran forza expresiva, gracias á luz que o ilumina separándoo do fondo, inconcreto, configurado con brochazos verticais vermellos e marróns.