• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ARGÜELLES

Fernández Argüelles, Julio A.

( Astorga, León, 1923 - A Coruña, 8 de abril de 2002 )

Biografía

É fillo dun galego e dunha asturiana, considerándose o pintor sempre galego por vontade, vocación e convicción. A súa nenez transcorre na capital leonesa e alí estudia nos colexios de Maristas e Agustinos, iniciándose na pintura, alentado polo ambiente artístico familiar e mais pola relación que seu pai mantiña co pintor Demetrio Montesenín. Realizou a súa primeira exposición en León, en 1949, mudándose logo a Madrid para cursar estudios de Naútica e mais para se entregar á arte no Casón del Buen Retiro. Apaixónao o mar e durante varios quinquenios navega por tódolos océanos do mundo, mentres pinta incansablemente no seu tempo de lecer. Fixa definitivamente a súa residencia na Coruña, onde moi pronto vai influír na vida cultural da cidade, tarefa que o levará, primeiro, a ser numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario, e, máis tarde, o verdadeiro impulsor da mesma. As súas exposicións sucédense na urbe herculina, en Madrid e mais en numerosas cidades de España e do estranxeiro. A última desenvolveuse en Düsseldorf en 1922, con grande resonancia. Está representado nos museos de Galicia, no dos Camiños da súa cidade natal, Astorga, e en coleccións de todo o mundo. Un peculiar misticismo, neogoticista e dramático preside a estética de Argüelles, debuxante firme, excelente retratista, con materia heteroxénea, de maneira que semella que constrúe os seus cadros directamente co pincel. Esa estilización non lle resta forza ás creacións do artista, do que a ideación expresionista, de ascendencia medieval, queda anegada por un indefinible e ata inquedante feitizo. Tocou tódolos xéneros: figura, composición, paisaxe, bodegón, retrato. En todos eles reitérase a súa firmeza, a súa peculiar concepción cromática, con terras, ocres, azuis esvaídos, amarelos e carmíns como sangue. Nalgúns retratos, coma o da S.M. a Raíña de España, chega a un ambiente velazqueño no claroscuro, que domina por completo. Con frecuencia acode ás escenas relixiosas, transidas de extrema espiritualidade.

Bibliografía

VV. AA.: Argüelles. O Ferrol, Arte Galicia, 1982.

Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.

Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.

F. Pablos "O secundario elevado ó protagonismo" presentación do catálogo da exposición "Bodegóns e Floreiros", reproducido co núm. 14.

X. M. López Vázquez “La Gran Enciclopedia Gallega”, vol. 14 p. 106, Vitoria 1974; Catálogo nº 2 da serie “ Grandes Artistas Gallegos”, catalogada a obra co nº 7, Caixavigo 1984;

F. Pablos “J. Frau, ou fauvismo lírico” catálogo da Antolóxica da Casa das Artes de 1998, nº 4 da serie Exposicións de arte Museo Municipal “Quiñones de León” coa obra reproducida;

X. M. López Vázquez e Juan Monterroso Montero “Artistas Galegos, pintores, vangarda histórica” Vigo, Nova Galicia, edicións 1998 coa obra reproducida na sobrecuberta e na p. 113.

Obra

  • La espera

    La espera 1986

  • Pescantina

    Pescantina 1975

  • Bodegón del mar

    Bodegón del mar 1997

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78