Comentarios
Hortalizas e distintos obxectos, característicos dun bodegón, ordénanse sobre unha mesa. Con materia espesa e dicción solta, capta o efecto suculento das verduras, cargando o acento sobre os valores cromáticos e as calidades dos obxectos. A mobilidade da pincelada, rica en luces, produce un efecto de inmediatez sobre o conxunto, con orquestración de vermellos, morados, verdes, brancos, marróns e laranxas.