• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin retorno

ROGELIO PUENTE

Sin retorno
INV:
780
Año de creación:
1989
Dimensiones:
147 x 112 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Trátase dunha perspectiva dun grande salón abovedado co teito decorado, vitrinas cheas de libros pechadas con portas de cristais, mesas aliñadas cara ó fondo e unha gran esfera. Cunha poética romántica recupera un ambiente doutra época, sumerxíndonos nel cunha pintura delicada de tenues reflexos e veladuras. As formas diminúen de tamaño cara ó fondo, acentuando a profundidade do espacio arquitectónico, e o seu fondo arrástranos, con vértigo, cara ó interior do cadro.

A obra reproduce unha estancia do interior da Biblioteca Pública de Nova York (The New York Public Library), un edificio de corte neoclásico construido e deseñado entre os anos 1902 e 1906 polo equipo Carrére and Hastings. De estilo Beaux-Arts, está decorada en mármore vermella, madera tallada, estucos y murais que recordan aos de Rafael.




 

Exposiciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago.

"Rogelio Puente. Óleos e debuxos". Casa da Parra. Santiago de Compostela. Do 28 de abril ao 11 de xuño de 1997.

Reproducciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo s. XX", Catálogo da Exposición co nº 69.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78