Otoño
- INV:
- 769
- Año de creación:
- 1965
- Dimensiones:
- 122 x 275 x 0
- Técnica:
- Óleo/tablex
Comentarios
A composición organízase cunha distribución harmónica de masas arredor dunha nena que abraza unha pomba contra o peito e un mozo que toca unha trompeta. A ambos lados dispóñense dúas figuras femininas, sentadas, unha soa e outra nun grupo onda un cesto de froitas. Detrás, na parte superior, atópanse nenos espidos, coma amorciños, que aboian nunha paisaxe cun ceo estreito iluminado por unha luz dourada, suave, evocativa do outono e a idade madura. O debuxo, con trazos espontáneos, combínase cunha materia que trasloce o punteado do táblex, aumenta de espesor nas carnacións e presenta manchas e mais escorregaduras noutras zonas do cadro do que agroma un sosegado lirismo.Exposiciones
"Xaime Quessada". Centro Cultural Caixanova y Casa das Artes.Vigo. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002.