Comentarios
O espacio pictórico póboase de nenos en parellas ou en grupo empezando unha danza entre flores, pombas e instrumentos musicais. Á dereita aparece un Pierrot cun corazón na man; ó seu lado unha moza sentada cun neno no colo. Con acento poético coordina certas referencias da estética pupular e campesiña cun personaxe da comedia da arte italiana nunha paisaxe con ceo estreito que ilumina a lúa. O pintor crea unha peculiar alegoría da primavera, aludindo a presencias e evocacións cun doce aire de alborada. A factura, delicada, presenta nalgunhas zonas un premeditado desenfoque entre a cor e o debuxo producindo un efecto de formas lixeiras e transparentes en harmonía con marelos, azuis, vermellos e brancos.
Exposiciones
Do 18 o 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.