Camiño Vermello

- INV:
- 747
- Año de creación:
- 1988
- Dimensiones:
- 130 x 131 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
Un personaxe só, de fronte, en actitude de andar por un camiño que se pecha ás súas costas e se abre segundo avanza cara ó primeiro termo. A esaxerada perspectiva do camiño, enmarcado nunha paisaxe na que domina o ceo, empuxa a figura cara ó espectador que se introduce no cadro. O camiñante, sen rasgos precisos, adquire un carácter simbólico que se acentúa co esquematismo do debuxo realzado con vermellos, axuis, e negros, aplicados de forma directa e emocional polo artista que emprega mestas pinceladas e mais espontáneos toques de espátula.
Bibliografía
«Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX», catálogo da exposición, co nº 70; «Antón Pulido», catálogo da exposición.
Exposiciones
«Antón Pulido», Casa da Parra, maio, xuño de 1991; «Arte Galega na Colección Caixavigo S. XX», do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, Santiago.
Exposición "Antón Pulido", do 13 de febreiro ó 11 de marzo de 2001 na Casa das Artes de Vigo, e do 20 de abril ó 15 de maio no Museo Municipal de Ourense.