Sin título
- INV:
- 742
- Año de creación:
- 1987
- Dimensiones:
- 81 x 100 x 0
- Técnica:
- Mixta/tea
Comentarios
A superficie do cadro organízase con formas trapezoidais que se superpoñen desdobrando as imaxes cun xogo de luz e sombra, opaco e transparente. Unha estreita franxa branca, vacía, como se fóra a parede da que pendura o cadro, separa as imaxes dividindo o conxunto en dúas pezas. Así, a noción de espacio introdúcese na tea por un procedemento que lembra os lenzos riscados do artista conceptual Fontana. Ocres, negros, grises e leves lampexos avermellados espallan a luz en pasaxes de ritmo musical.Exposiciones
"Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, na casa D. Hugo, Porto; "Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX".
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.