Comentarios
A figura, sentada, como unha Venus despois do baño, cruza horizontalmente a tea onde os bordos impiden a visión completa da personaxe. A cor e a materia coordínanse creando atmosferas que dan ambiente impoñéndose á imaxe, esquemática, con rosas, marelos, alaranxados e marróns.