Comentarios
Árbores, campos e outeiros marcando o horizonte son os fíos conductores do universo virxiliano. Ó sinxelo deseño únese o lirismo do artista e unha auténtica visión da paisaxe galega. O contorno ondulado das copas das árbores, recortadas sobre o ceo, imprime a composición dun ritmo plástico característico. A materia, densa, de depurada elaboración, acada grandes calidades con harmonía de verdes, ocres, marelos e grises.