Negra
- INV:
- 695
- Año de creación:
- 1934
- Dimensiones:
- 180 x 110 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
A escena da muller soa perante a mesa dun bar, que pintaran Lautrec e Picasso, adquire aquí un acento diferente. A figura sensual da negra recórtase sobre o fondo dourado, destacando, con gran valor plástico, entre o branco azulado do toucado e o mantel que cobre a mesa sobre a que se distribúen, de forma ordenada, un prato con tres arenques, un vaso e unha botella coa etiqueta de "Negrita". Todo está perfectamente ordenado e meditado, tanto a inclinación da mesa cara arriba coma a do prato, que responden ás leis internas da composición, independentes da visión real que temos fóra do cadro. Emprega unha espesa materia, coa que modela as formas, definidas cun debuxo realista e contrastes de cores, ricos en luces.Exposiciones
"Arturo Souto", Antolóxica, do 31 de maio ó 30 de xuño de 1988, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo.
"Antológica Arturo Souto". Fundación Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, A Coruña. Xaneiro-Febreiro 1998. Museo de Pontevedra, Pontevedra.Febreiro- Marzo 1998.
"Colección Caixanova. Pinceladas Galegas" Círculo de las Artes. Lugo. Do 25 de abril ao 23 de maio de 2008