Comentarios
Recolle perfectamente a sensación espacial e a perspectiva, co xogo que establece a atractiva estrada que atravesa a paisaxe, dende a frondosa vexetación do primeiro termo, ata o fondo, a zona máis elevada da composición. Ao verde opaco e escuro da arboreda oponse o dourado dos campos e mais o ocre grisáceo da estrada, coordinando a cor e debuxo con grande dominio da técnica.
Bibliografía
F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 24.
Exposiciones
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.