• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

BELLO PIÑEIRO

Bello Piñeiro, Felipe

( O Seixo, Franza, Mugardos, A Coruña, 20 de marzo de 1886 - 9 de diciembre de 1952 )

Biografía

A primeira etapa de formación de Felipe Bello Ferreiro recíbea en Ferrol como discípulo de Vicente Díaz e Eduardo de la Vega. Desde 1901 fórmase na Academia de San Fernando, fundamentalmente con Muñoz Degrain e José Garnelo, en cuxo obradoiro traballou ata 1909. Non se instalará de forma definitiva en Galicia ata 1917, concretamente no Seixo, o seu lugar de nacemento; máis tarde trasládase a Doroña. O seu labor cultural supera o propio dun pintor: cataloga a cerámica da Real Fábrica de Sargadelos, escribe, organiza exposicións …

Destaca tamén polo seu compromiso co galeguismo, ata tal grao que chega a formular a súa pretensión de “nacionalizar la pintura galaica”; isto lévao a buscar un xeito propio que vai proxectar, de maneira fundamental, no paisaxismo. Ata que punto cabe expresar o que denomina “espiritualidad y sentimientos gallegos”? El inténtao facer imprimindo un sentido lírico, e o que fai ten moito que ver coa súa admiración polos románticos ingleses; en concreto, por Turner e Constable.

Será en 1919 cando se traslada a Viveiro, ata o ano 1921; pretende seguir investigando sobre a Real Fábrica de Sargadelos e, tamén, pintar o mar. Agora ensaia o uso da acuarela. Obsérvase entón o seu interese polas formas orientalizantes, polo modernismo e, igualmente, polo simbolismo; ha de ser agora cando recibe a influencia da estampa xaponesa; o seu coñecemento da ilustración, que se presentan en publicacións como La esfera e Blanco y negro, é evidente. Ademais, interésase polo impresionismo francés. Nesta etapa pinta tres estancias da chamada Casa Agrelo: O escritorio, O dormitorio e O gabinete.

En 1922 instálase, de novo, no Seixo e é en 1925 cando se lle encarga a decoración do teito da Sala de Conversas —tamén chamada “Pecera”— do Casino Ferrolán. Máis tarde, continuará a decoración deste espazo, tanto nos anos 1932-1933, coma nun momento posterior, nos anos 1935 e 1936, nos que realiza tres paisaxes, e completa definitivamente esta obra, en cuxa iconografía Mosquera Rodríguez entende que se ensamblan o popular, o profano e o relixioso, algo propio dun autor interesado pola elaboración dun discurso propio.

A partir de 1940 Bello Piñeiro ábrese a unha nova etapa. Leva a cabo unha ampla creación e mantén, no fundamental, o seu estilo. A paisaxe é o xénero que traballa máis. Nos últimos tempos pintará sobre todo nocturnos. En 1942 é elixido, por unanimidade, Académico de Número da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña. O seu final, marcado pola súa adición ao alcohol, resultou ben triste. Era xa, daquela, entre 1944 e 1949, un pintor ao que se lle pasara o seu tempo.

A colección Afundación ten dúas boas paisaxes de Bello Piñeiro. Unha, de 1930, Estrada do seixo e Río no outono, de dous momentos diferentes dunha produción identificada cun paisaxismo que, ante todo, quere ser —segundo o propio pintor— “gallego”.

 

José Manuel García Iglesias

Bibliografía

BARREIRO, A.: Del arte gallego, A Coruña, 1917.
BARROS, T.: Lembranzas encol do estudo de Bello Piñeiro, Deputación da Coruña, 1980.
ESTEVE ORTEGA, E.: Arte gallego, Barcelona, 1930.
F. BELLO Piñeiro. Sin duda. Exposición antológica, Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2004.
GAYA NUÑO, J. A.: La pintura española del siglo XX, Ibérico Europa de edic., Madrid, 1970.
CHAMOSO LAMAS, M: «Arte», en Galicia, Edit. Noguer, Barcelona, 1976.
LEYRA DOMÍNGUEZ, J.: Pintura Ferrolana, Sociedad Artística Ferrolana, Ferrol 1987.
MON, F.: La pintura actual en Galicia, Vigo, 1967.
MON, F.: Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.
PABLOS, F.: Pintores gallegos del Novecientos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña, 1981.
PABLOS, F.: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, Vigo.
SANJURJO, E.: Discurso de ingreso na Academia de Bellas Artes del Rosario, A Coruña, 1963.

Obra

  • Paisaje. Carretera de O Seixo

    Paisaje. Carretera de O Seixo 1930

  • Río en otoño

    Río en otoño

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78