La lechera
Comentarios
Recolle un clima cordial de galanteo, entre unha xove campesiña e un vello aldeán. As figuras destacan sobre un fondo escuro, iluminadas por unha luz exterior que pon de relevo o contraste entre a gracia e a louzanía da rapaza e o xesto duro do vello coa face curtida polo sol.Recréase nos detalles da vestimenta e o seu rico colorido, así como no bodegón, cuns elementos que vibran activados pola luz en primeiro término. A técnica de pincelada é lisa e homoxénea e unha esmerada execución.
Bibliografía
F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 9
Exposiciones
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.