Comentarios
Vestida, de pé, apoiando as mans sobre un taburete, carga o peso sobre o pé dereito e cruza o esquerdo por diante, ladeando a cabeza nesta mesma dirección, nunha rebuscada pose. Esta postura reálzaa o artista, marcando o contorno con liñas continuas e sombreando a figura por zonas para subliña-lo seu volume, cun resultado de formas suaves e elegantes, que demostran unha gran mestría e sensibilidade.