• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Mi hermana

LEGÍSIMA

Mi hermana
INV:
653
Año de creación:
1943
Dimensiones:
195 x 112 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Por esta obra concedéuselle a primeira das segundas medallas na Exposición de Belas Artes, Madrid 1943.
Sentada no chan do seu cuarto, destaca a figura en primeiro termo, enmarcada polas arestas da parede entre as que encaixa a ventá do fondo. A pequena figura faise meirande cos hábitos, que se engurran e pregan con espléndidos efectos de luz e textura. Créanse os elementos de ambientación, a cama de táboas, o libro, o flaxelo; saborea os detalles, o fío que pendura da agulla, as tesoiras e o bordado, conseguindo unha atmosfera acougada, que, lonxe do frío ascetismo, nos achega a unha doce espiritualidade. Excelente artista, profundiza na expresión da modelo, da que o carácter resulta evidente. Domina o marrón con entoacións ocres, sobre as que sobresae o resplandecente branco da rocha e do pano.

Bibliografía

páx. 10 do vol. 19 da Enciclopedia Gallega.

Exposiciones

"Exposición Nacional de Bellas Artes", Madrid 1943, "C. de Legísima", Antolóxica, do 27 de maio ó 20 de xuño de 1985, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos na Colección Caixavigo", itineran, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, en nov. e dec. de 1988 e xaneiro de 1989; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX.", Auditorio de Galicia, do 29 de abril ó 24 de maio de 1992.
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Exposición Galicia Terra Única", do 30 de maio ó 15 de outubro no Claustro de San Francisco de Pontevedra.

 

"Galicia, 1900-1990". Galicia terra única. Hospital da Caridade, Ferrerias da Armada, Ferrol. 24 de xuñu-octubro.!997.


 

Reproducciones

"C. de Legísima, nº 6 da serie "Grandes Artistas Gallegos", Catálogo da Antolóxica; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", Catálogo da Exposición; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX.", Catálogo da Exposición.
"Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 39
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78