Comentarios
O debuxo, esquemático, estiliza os motivos da paisaxe, acentuando o seu valor expresivo. A estructura céntrase no camiño que se abre entre campos, en primeiro término, e convídanos a nos introducir no cadro, ascendendo cara a unha arboreda, ó pé da montaña sobre a que se estende unha fermosa masa de nubes. O vigor do deseño seduce e arrastra ó que o contempla cara ó fondo da paisaxe na que dominan os tons sombrizos, traballados con densa materia, en harmonía de verdes, ocres e grises que se iluminan coa cor abrancuxada que bordea o horizonte.
Exposiciones
"A paisaxe galega na colección Caixavigo", do 3 ó 15 de agosto de 1993, Casa da Cultura, Riveira.