Aldeas de Vincios
- INV:
- 551
- Año de creación:
- 1978
- Dimensiones:
- 74 x 101 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Dende unha verde arboreda, a vista esténdese ata o cume do monte Galiñeiro que respalda a lomba na que se asentan varias aldeas, articuladas con campos nos que puntean medas e hórreos. Á técnica de pintura directa que busca o contacto coa natureza únese o rigor intelectual do artista que desmitifica tópicos, captando o normal e cotián dun lugar, nunha atmosfera de paz e silencio, interrompida só polo fume das chemineas. Harmonía de verdes, avermellados, morados, rosas e brancos son as cores que emprega.Exposiciones
"Mostra de pintura Xavier Pousa", do 8 ó 17 de maio de 1979, na Nova Sala de Exposicións Caixavigo; "Artistas Gallegos na colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago; "A paisaxe Galega na colección Caixavigo", do 3 ó 15 de agosto de 1993, na Casa da Cultura, Riveira.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.