Comentarios
En difícil e complicada postura atravesa o papel dun lado a outro, deitada boca arriba, deixando caer a cabeza cara atrás, apoiándoa, en escorzo, sobre o brazo dereito, mentres pousa o esquerdo, sen tensión, sobre a roupaxe da cama. No deseño tívose en conta distintos puntos de vista, de forma que podería verse a figura en varias perspectivas, sen romper a unidade da composición, deixando patente a súa excelente condición de debuxante.
Exposiciones
"Arturo Souto", Antolóxica, do 31 de maio ao 30 de xuño de 1988, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Catro Renovadores da Arte Galega" outubro, novembro 1993, Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Catro Renovadores da Arte Galega", catálogo páx.45