• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SOPA DE CARACOL

HELENA SEGURA-TORRELLA

SOPA DE CARACOL
INV:
5273
Año de creación:
2008
Dimensiones:
150 x 118
Técnica:
fotografía sobre papel Ilfoflex (3/7)

Comentarios

Sopa de caracol (2008) foi seleccionada e adquirida no XI Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Coruña e pertence á serie A través do espello na que a artista reflicte a súa fascinación pola fotografía e pola obra literaria de Lewis Carroll. Unha invitación ao espectador a entrar no universo do imaxinado, nun mundo paralelo que constitúe un refuxio cando a vida se torce. Pequenas historias, que se desenvolven en espazos naturais e abandonados cunha posta en escena moi coidada, nas que aborda o descubrimento da vida a través da ollada limpa dunha nena —Beatriz, a súa filla— que invita a redescubrir o noso eu máis real e puro. Esta peza é a máis autobiográfica e simbólica. Trátase dun autorretrato a través da ollada de Beatriz, no que elementos da pintura do seu pai se fusionan coas imaxes fotográficas para transportar o espectador a un mundo onírico. A nena aparece apoiada sobre unha mesa, que alberga un niño e cuberta por un grupo de caracois, bebendo dunha gran cunca. Unha delicada obra que aborda cuestións como o sentimento de fogar ou o lento paso do tempo desde a súa particular narrativa. Destaca a forza compositiva, a densidade da cor análoga á paleta empregada polo seu pai, a expresividade do rostro semioculto tras a gran cunca, e o halo de misterio que envolve a escena, que se move entre a realidade e a ficción. 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78