Cencerrada
Comentarios
Cun esbozo seguro e equilibrado distribúense dous grupos, claramente diferenciados, arredor ás imaxes dunha parella de xigantes. O xentío, con cornos, címbalos, latas vellas e chocalladas, toca, bebe e recita coplas, segundo un antigo costume dalgunhas aldeas de Galicia. O pretexto elixido queda a un lado, o que chama a atención son as formas en acción, a instantaneidade dos xestos, os espléndidos conflictos de luz e sombra e a técnica coa que consegue valores táctiles. Usa os ocres, terras e negros, sobre os que destaca a incrible luminosidade do branco.
Exposiciones
" La pintura en las Cajas de Ahorros Confederadas", organizado por Caja Canarias en 1987.
"Laxeiro", Antolóxica. Homenaxe, do 25 de abril o 23 de xuño 1996 noCGAC Santiago.
"Galicia, 1900-1990". Galicia terra única. Hospital da Caridade, Ferrerias da Armada, Ferrol. 24 de xuño-outubro 1997.
"Un século de arte no Deza. 1900-2000 lembranzas de Colmeiro a Laxeiro". Do17 de decembro de 1999 ao 27 de febreiro de 2000 no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín.
"Laxeiro". 1930/1980. Sala de Exposiciones del Aula de Cultura Caixanova en Ourense. Ourense. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002. Sala de Exposicións Caixanova. A Estrada. Pontevedra. Do 28 de febreiro ao 31 de marzo de 2002.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
"Os pensionados da Deputación de Pontevedra. II (1940-1969)". Pazo da Cultura de Pontevedra. Do 28 de xullo ao 11 de setembro de 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Reproducciones
Revista das Caixas de Aforros Confederadas, Catálogo da Exposición, co nº 49, en branco e negro, e na páxina 85 en cor.
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 1, páxina 226.