Comentarios
Evoca ó personaxe de Valle-Inclán, que cos sons da súa frauta amaestraba os mirlos. Con esa prodixiosa mestura de verdade e artificio, que tanto lle gusta a Laxeiro, viste o personaxe con adobíos ostentosos e profundiza no seu carácter que se revela a través dunha mirada inxenua, nostálxica e soñadora. O debuxo é firme e a pincelada, meticulosa, é doce na face e festiva na chaqueta que centellea polo efecto da luz. O conxunto ten unha sensibilidade exquisita. Unha gamma de ocres, vermellos, avermellados, rosas e brancos espállase sobre un fondo neutro, azul grisáceo.
Exposiciones
"Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", na Casa D. Hugo, Porto, do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989