Comentarios
O deseño, en vertical, propón unha multiplicada sucesión de distancias, desde o primeiro termo, que por empaste e cor atrae a nosa atención, ata o cume da montaña, ó fondo, ó que nos conduce cun xogo de liñas e suave orquestración de azuis e grises difuminados, que envolven a atmosfera, acentuando a lonxanía. A pincelada vibra nos arbustos e se estende en longos planos nos campos. Un rexistro de verdes, xoga con ocres e vermellos.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago e Kiosko Alfonso, A Coruña, en novembro e decembro de 1988 e xaneiro de 1989; "Artistas Galegos na Colecçao Caixavigo", Casa D. Hugo, Porto, do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989.
Reproducciones
"Artistas Galegos na Colección Caixavigo", Catálogo da Exposición; " Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo", Catálogo da Exposición