• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Composición con piano

XAIME QUESSADA

Composición con piano
INV:
456
Año de creación:
1982
Dimensiones:
201 x 201 x 0
Técnica:
Óleo/tea

Comentarios

Con elementos que forman parte do seu alfabeto plástico e unha imaxinería propia, sitúa varios personaxes femininos e un neno no interior dunha estancia cun piano e unha gramola cunha grande bucina. As figuras, de costas, de perfil, sentadas ou ergueitas, definidas cunha beleza formal arquetípica apóianse nas cousas que cobren o espacio, evadíndose da anécdota, revestidas dun significado abstracto en xogo con esferas que flotan no interior da estancia, iluminada por unha luz difusa que aloumiña o nu e descobre as calidades das teas, o metal e a madeira, acadando a emoción do espacio pictórico cun acorde de brancos, amarelos, marróns e avermellados. A figura que ocupa o centro da composición convértese nun prototipo que Quesada vai repetir noutras composicións.

Bibliografía

F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición
"Entre a tradición e a modernidade"

Exposiciones

"Artistas gallegos en la colección C.A.M.V. II", do 8 de abril ó 7 de maio de 1987, na sala de exposicións do centro Cultural; "Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989, "Artistas Gallegos na Colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago; "Acisclo, Quessada" do 28 de xuño ó 1 de decembro de 1993, Parlamento de Galicia. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.

 

"Xaime Quessada". Centro Cultural Caixanova e Casa das Artes.Vigo. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002.

Reproducciones

"Artistas Gallegos en la colección Caixavigo", Catálago, 1988; "Artistas galegos na Coleccâo Caixavigo, Catálogo 1989; Gran Enciclopedia gallega, tomo 26, páx. 25; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S. XX", Catálogo co nº 73, "Acisclo, Quessada", Catálogo A Coruña, 1993. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición co nº 42.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78