• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

INICIACIÓN

URBANO LUGRÍS

INICIACIÓN
INV:
4345
Año de creación:
1956
Dimensiones:
49 x 60 x 0
Técnica:
ÓLEO SOBRE CONTRACHAPADO

Comentarios

Atopámonos ante unha obra de marcado carácter surrealista e fiel á traxectoria de Lugrís, onde nos podemos mergullar nun mundo de lenda mariña (tema recorrente nas súas pinturas).

Nun primeiro plano podemos ver unha paisaxe de praia con dunas na area, realizado cunha paleta moi luminosa que fai referencia a unha paisaxe solleira, pero que contrasta co fondo, de ceo escuro e tormentoso, que axuda a crear un ambiente misterioso que rodea a muller suspendida no aire e realizada en azuis. Cores frías e unha vestimenta que nos remiten a outra época e que se “conxela” de forma permanente nesta figura. Sen dúbida fai referencia ó título da obra, Iniciación, que nos transporta cara a un mundo esotérico, de lenda, pero sempre co mar presente, como é común nas obras deste artista.

A composición ten un marcado carácter escenográfico, coa árbore da esquerda que enmarca a pintura e a distribución de elementos relacionados co mar estratexicamente dispostos na paisaxe. É habitual atoparnos nas paisaxes mariñas de Lugrís unha marcada horizontalidade, como é este caso, dada a planitude de cores que utiliza e a súa distribución en franxas, pero a pesar diso consegue unha profundidade moi lograda.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78