• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

FANTASÍA MARINERA

URBANO LUGRÍS

FANTASÍA MARINERA
INV:
4344
Año de creación:
1946
Dimensiones:
44 x 60 x 0
Técnica:
ÓLEO SOBRE CONTRACHAPADO

Comentarios

Nesta pequena obra Lugrís proponnos un bodegón de temática mariñeira. Sobre un fondo moi escuro, e nunha coidada e equilibrada composición, temos na dereita unha maqueta dun barco sobre un mar de cunchas onde aparece unha serea, todo iso baixo unha campá de cristal, material recorrente na súa pintura e que lle proporciona a posibilidade de evidenciar o seu dominio ante a representación de texturas suaves e puídas e os brillos e reflexos que o cristal ofrece ante a luz. Este tipo de antigüidades aparecen en distintas obras deste pintor, facendo referencia a outras épocas que se nos presentan conxeladas a través dese tipo de obxectos. Á esquerda podemos ver un cadro cunha paisaxe mariña cunha factura típica do artista e asinado polo propio Urbano Lugrís que queda nun segundo plano e que se compensa a través dos dous elementos na parte anterior que fan que a composición se equilibre.

É típico na pintura de Lugrís atoparnos naturezas mortas, sempre de temática mariñeira, realizadas cun debuxo moi preciso que define perfectamente todas as formas representadas. O cromatismo escuro axuda a que o espectador se sinta inmerso nun mundo de fantasía misterioso cun certo aire romántico e con cheiro a mar.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78