Y durante algún tiempo
- INV:
- 43
- Año de creación:
- 1980
- Dimensiones:
- 100 x 81 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
O faldón e a capa do traxe de Crismar apóianse sobre unha cadeira impoñéndose sobre o fondo neutro, escuro, cunha insólita presencia. O ambiente complétase cun ramiño de flores tirado no chan. A claridade das teas estimula a memoria creando un espacio simbólico que toca o mundo afectivo cun acento romántico. Toda a carga emocional dun acontecemento concéntrase nesa roupa que fai valer a súa categoría, facéndonos pasar da evocación ao traxe como pegada do corpo ausente, agudizando a imaxinación do espectador. A pintura, de materia lisa, coidada, harmoniza brancos con verdosos e marróns que xogan coa cor avermellada das flores.Exposiciones
"Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ao 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Arte galega na Colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ao 24 de maio de 1992 no Auditorio de Galicia, Santiago.
"Galicia, 1900-1990". Galicia terra única. Hospital da Caridade, Ferrerias da Armada, Ferrol. 24 de xuño-outubro.
"Exposición Galicia Terra Única", do 30 de maio ao 15 de outubro no Claustro de San Francisco de Pontevedra.