• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

LOLA PADÍN

Padín Fernández, Dolores

( Santiago de Compostela, 1946 )

Biografía

Fixo os seus estudios de arte en Madrid, primeiro na Escola de Artes e Oficios, despois no Círculo de Belas Artes e finalmente na Escola Superior de San Fernando, onde rematou en 1973. Máis tarde seguiu con cursos de gravado en Urbino e Roma, nos anos 1978 e 1979. Tamén traballou en tarefas interdisciplinarias na Facultade de Xeografía e Historia, departamento de Historia da Arte, na Universidade Complutense, en Madrid, en 1979 e 1980. Realizou numerosas exposicións en cidades de España e Italia e participou en importantes colectivas noutros moitos países. A súa obra está representada en diferentes museos nacionais e do estranxeiro. A súa exquisita formación técnica levouno a imbuírse en ambientes ideais de intemporalidade, vagamente neorrománticos, afíns, ás veces, á "art nouveau", que o emparentan con Moreau, Böcklin, Redón, etc. A súa obra ten como base un excelente debuxo e, sobre todo, un clima peculiar, con evocacións, soños, suxerencias, mundos ideais. Absorbeu moi ben a mellor tradición italiana. Tanto no grande formato coma na miniatura, a obra de Dolores Padín é sempre moi persoal, con paisaxes ideais nas que a vexetación abafa o ambiente, en verdes neutros, rosas emerxidos e grises cunha gamma inacabable. Dota a súa materia dunha moi peculiar textura, que, asemade, semella antiga e moi fresca, coma se se tratase da carriza aloumiñada polo orballo.

Bibliografía

PABLOS, Francisco: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1981.

MUJERES en el Arte español, Centro Conde Duque, Madrid, 1984.

Obra

  • Y durante algún tiempo

    Y durante algún tiempo 1980

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78