• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Recuerdos de mi ciudad

BOSCO CARIDE

Recuerdos de mi ciudad
INV:
4299
Año de creación:
2006
Dimensiones:
195 x 195 x 0
Técnica:
Lapis acuarelable

Comentarios

Obra que forma parte dunha serie de imaxes de vistas urbanas, monócromas, reproducindo escenas cotiás da vida na gran cidade, captadas con gran precisión fotográfica, neste caso edificios en obras, noutras ocasións aparcadoiros, supermercados, paneis publicitarios... Reflicte fragmentos dun mundo urbano deshabitado, que simboliza a tiranía do home sobre o ámbito artificial e degradado que creou, pero sen intención de denuncia, senón de cuestionamento da nosa propia condición urbana dende a mirada universal do artista.
O artista parte do local e específico, para convertelo en global e metafórico. O escenario representado é próximo, recoñecible, pertencente a calquera cidade, cunha clara referencia á construción masiva produto da especulación urbanística, onde o artista expresa a súa reflexión sobre unha sociedade alienada e carente de sensibilidade e ideoloxía. A cidade como espazo físico e social.
Sinxela forza compositiva con formas organizadas en secuencias verticais ou estruturas ortogonais con evidente asociación arquitectónica. Factura precisa, realista. Un cadro de aparencia fráxil onde se fai evidente a insistencia na escenografía urbana, no seu tránsito, no seu pulso dinámico, vivido. Fálase do artista como "pintor de cidades dentro dun realismo discreto".

Exposiciones

Exposición "Recordos da miña cidade", Galería PM8, Vigo, do 15 de abril ao 8 de maio de 2007.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78