• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

BOSCO CARIDE

Caride González, Juan Bosco

( Vigo, 1963 )

Biografía

O estilo ou tendencia plástica comunmente denominada hiperrealismo atopou moi diversas formas de manifestarse, dende o que non pretende apartarse nin un chisco do aparentemente documental, ata aquel que discorre por evocacións de dinastía lírica. E a esta pertence a obra de Bosco Caride, vigués nacido en 1963. 

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, conseguiu bolsa de estudos na Bienal de Pontevedra de 1988 e foi premiado no Certame de Cambre ao ano seguinte. Na Bienal de Ourense de 1995, foi premio Prego d 'Oliver e conseguiu outros galardóns en Coveo, Valdepeñas e A Coruña, en cuxo museo Unión Fenosa está representado, así como en coleccións institucionais diversas de Galicia. 

Comezou a expoñer na mostra itinerante Novísimos de 1986 e a súa obra percorreu toda Galicia, León, Murcia, Alacante e algunhas cidades de Portugal. 

O absolutamente común e cotián é a temática da obra pictórica de Bosco Caride, monocroma e de minuciosidade debuxística tal que semella negativos fotográficos resaltados polo pintor. Interiores de almacéns, supermercados, edificios en construción, estacionamentos de vehículos: velaí temas recorrentes, nos que afonda dándonos unha visión como esvaecida e, ao mesmo tempo, exacta, preciosista, porque o seu trazo é caligráfico, primoroso, aínda que sempre vibrante, non meramente mecánico e só hábil. Hai emoción, inquietante emoción, nesta pintura tan aparentemente fría e documental. Un valor positivo, apreciado xa en moitos ámbitos, cun oficio espléndido e unha personalidade calada.

Bibliografía

VV. AA.: Bosco Caride. Recordos da miña cidade, Centro Cultural Deputación de Ourense (Centro Cultural Marcos Valcálcer), Ourense, 2006.

Obra

  • Recuerdos de mi ciudad

    Recuerdos de mi ciudad 2006

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78