Sula Bassana
- INV:
- 4229
- Año de creación:
- 1985
- Dimensiones:
- 105 x 105 x 0
- Técnica:
- papel baritado sobre aluminio (4/5)
Comentarios
Esta obra de Manuel vilariño, fotógrafo, poeta e pintor, presenta unha intensidade e unha beleza que só o seu autor sabe outorgar. Un universo místico nunha imaxe cargada de simbolismos que sorprenden pola súa potencia poética.
Esta obra pertence ao traballo realizado entre 1982 e 1990 chamado "Bestas involuntarias". Unha natureza morta vinculada á soidade e ao silencio. O artista establece aquí unha relación entre dúas formas, a cabeza dunha ave disecada e un pico. A reflexión entre natureza e obxecto lévao a combinar a morte co evocativo.
Próxima á pintura, está resolta co cálido misticismo do branco e negro. Utiliza como fondo un branco luminoso que contrasta coas figuras que sitúa nel. Unha fotografía dunha pulcritude absoluta, na que se aprecian todos os detalles tanto os matéricos da ferramenta como as calidades da pelaxe do animal.
O artista dinos: "A miña obra é fundamentalmente espiritual, ten que ver coa poesía do coñecemento (...). Traballo coa poesía e coa fotografía, co voo de imaxes. Para min ser e ver é todo a mesma cousa, pero fundamentalmente o meu traballo é fotográfico, aínda que o territorio do imaxinario é indivisible".
Exposiciones
Exposición "Espacio Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova de Vigo, de abril a xuño de 2008.
Reproducciones
Publicación "Manuel Vilariño. Bestias Involuntarias" editado pola Xunta de Galicia en 1992, imaxe na páxina 59.