Mujer sentada
- INV:
- 411
- Año de creación:
- 1930
- Dimensiones:
- 65 x 50 x 0
- Técnica:
- Acuarela/papel
Comentarios
O reverso do papel presenta un debuxo apaisado, a lapis, cun río, uns barcos e unha ponte con farolas.A moza, toucada con casquete, apoia o brazo dereito no respaldo da cadeira e volve a cabeza en dirección contraria, dobrando a perna dereita sobre a esquerda e suxeitándoa coa man deste lado, escorzando a figura de forma que a súa postura queda definida, con naturalidade, sobre a superficie de papel, traballado soamente no espacio que corresponde á súa imaxe e ó fondo da mesma. Con gran dominio do debuxo, traza o contorno da figura, bordeando manchas encarnadas, marróns e negras que resaltan o volume redondeado do seu corpo.
Exposiciones
"Arturo Souto", Antolóxica, do 31 do maio ó 30 de xuño de 1988, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Ausencias", fragmentos da Arte Galega no século XX, A Coruña 1993.
"El dibujo en el S.XX", do 19 de xaneiro ó 13 de febreiro de 2000 no Centro Cultural Caixanova en Vigo, do 16 de febreiro ó 19 de marzo de 2000 na Casa da Cultura de Vilagarcía, do 22 de marzo ó 30 de abril de 2000 no Museo Provincial de Lugo, do 5 ó 28 de maio de 2000 no Hospital da Caridade de Ferrol, e do 7 de xuño ó 2 de xullo de 2000 na Aula de Cultura Caixanova de Ourense.