• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Músicos

LAXEIRO

Músicos
INV:
406
Año de creación:
1955
Dimensiones:
156 x 207 x 0
Técnica:
Óleo/Tea

Comentarios

A composición ten o impacto dun mural, sen perspectiva nin lonxanía natural, só cunha faixa estreita de ceo na parte superior da tea. As figuras adáptanse ó marco, imposto por un deseño xeométrico sinxelo, de clara inspiración escultórica, onde a única profundidade a marca o modelado das formas, acadado polos efectos da luz e a cor. Os músicos, distribuídos á dereita e á esquerda dunha nena que, cunha enorme forza plástica, ergue os brazos para bailar, constitúen un estudio de xestos e expresións. Non se pode tentar descifra-la iconografía de Laxeiro, abonda con contempla-la súa pintura. Atopamos alusións a Zeus cos seus raios exterminadores, a Ceres, protectora das boas colleitas e dominándoo todo a Montaña. Emprega unha gamma de amarelos, rosas, brancos, marróns e negros.

Bibliografía

"Laxeiro" V.V.A.A. Catálogo da antolóxica de C.G.A.C reproducido na
Páx.41

Exposiciones

"Laxeiro", Antolóxica. Homenaxe, do 25 de abril o 23 de xuño 1996 en C.G.A.C Santiago.

"Laxeiro (1908-1996)". Centro Cultural Conde Duque de Madrid. Do 5 de decembro de 1996 ao 16 de xaneiro de 1997.

"Laxeiro. 1930/1980".  Sala de Exposiciones del Aula de Cultura Caixanova en Ourense. Do 24 de xaneiro ao 24 de febreiro de 2002. Sala de Exposicións Caixanova. A Estrada. Pontevedra. Do 28 de febreiro ao 31 de marzo de 2002.Casa do Escudo. Verín. Ourense. Do 4 de abril ao 5 de maio de 2002. Palacio de la Música. Ponteareas.Pontevedra. Do 9 de maio ao 3 de xuño de 2002. Museo Provincial de Lugo. Lugo. Do 6 ao 30 de xuño de 2002. Sala de Exposicions do Auditorio Municipal Carmen Estevez. Villalba. Lugo. Do 4 de xulio ao 18 de agosto de 2002. Sala Municipal de Exposicions San Francisco. Viveiro. Lugo. Do 22 de agosto ao 22 de setembro de 2002. Sala de Exposicións Antón Rivas Briones. Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Do 27 de setembro ao 27 de outubro de 2002. Sala de Exposicións do Teatro Coliseo Noela. Noia. A Coruña.  Do 31 de outubro ao 24 de novembro de 2002. Museo Manuel Torres. Marín. Pontevedra. Do 28 de novembro ao 25 de decembro do 2002. Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago". Culleredo. A Coruña. Do 2 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2003. 

"Laxeiro e amigos na Colección Caixanova". Museo Ramón María Aller de Lalín, do 8 de febreiro ao 9 de marzo de 2008.

"Laxeiro, la lógica de lo irracional. Imágenes para un siglo convulso" Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña. Do 27 marzo ao 1 xuño 2008.


 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78