El salón

- INV:
- 3993
- Dimensiones:
- 91 x 129
- Técnica:
- Óleo sobre táblex
Comentarios
Elena Gago representa nos seus cadros mundos de soño e vivencias, a través de diferentes obxectos e estancias que se elevan á categoría de protagonistas.
Un cuarto, neste caso un salón, é o tema elixido para traballar co espazo, ao que lle dá un valor incalculable. Estruturas xeométricas medidas para conseguir un habitáculo nítido e transparente que deixe ver o lirismo interior.
Un raio de luz entra sen forza pola porta do cuarto, creando un universo propio que se esconde entre catro paredes. A luz filtrarase en tons ocres e amarelos esvaídos, tonalidades cálidas que crean un ambiente de silencio, un lugar inhabitado de pura soidade.
Utiliza unha técnica puntillista que dota o lenzo de texturas granuladas que confiren unha atmosfera irreal e unhas calidades características.