• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

MANCO

HÉCTOR FRANCESCH

MANCO
INV:
3886
Año de creación:
2005
Dimensiones:
119 x 119 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

Esta obra orixinal e distinta que, partindo do simple logra resultados sorprendentes, é do artista Héctor Francesch.
Un artista que ten entre as súas referencias a Luis Seoane, Jorge Castillo ou o Laboratorio de Formas de Galicia, ademais das características propias doutras linguaxes como son o cinema, a TV, o cómic, os anuncios, etc., onde é clara a influencia do mundo da imaxe, a cultura da manipulación.
Pintor autodidacta, nel observamos o dominio do debuxo a través de distintas perspectivas que compón en diferentes planos. Utiliza símbolos e signos que dende sempre o rodearon, plasmando recordos da súa infancia.
Unha obra esquemática e sintética onde non falta o sentido do humor; neste caso, a través de frases intelixentes e sarcásticas.
Composición de diferentes planos e perspectivas sobre cores planas, puras e tremendamente coloristas, nas que destaca unha extraordinaria sensibilidade cromática.
Un artista que busca construír imaxes belas, orixinais e equilibradas que conten historias coñecidas.

Exposiciones

Exposición HECTOR FRANCESCH. Sala I do Centro Social Caixanova.Vigo-Do 10 ao 28 de agosto de 2005.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78