Picos de Europa. Desfiladero
Comentarios
Unha das máis interesantes obras deste xenial paisaxista. Escolle nesta ocasión unha luminosa e abrupta paisaxe que parece evocar os camiños serpeantes dos Picos de Europa. O sentido de profundidade vén reforzado polo camiño que, arrancando en primeiro plano, se perde na perspectiva do cadro a través das montañas. No devandito camiño, o autor sitúa unhas siluetas humanas, con escaso protagonismo na escena, e que parecen estar situadas coa intención de resaltar a escala do desfiladeiro e dos cumios que as rodean.
A luz sempre fundamental para entender a obra de Ovidio Murguía é nesta obra unha clara protagonista da escena, unha luz alegre e vital que xera, en primeiro termo, a inquietante escuridade da aba lóbrega da primeira montaña.
A obra pertence aos últimos anos da súa vida, nos que participa en dous importantes fitos artísticos na súa carreira: a exposición do Círculo de Belas Artes de Madrid en 1898 e a Exposición Nacional de 1899.
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.