• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Paisaje con gansos

SERAFIN AVENDAÑO

Paisaje con gansos
INV:
3870
Año de creación:
1895
Dimensiones:
58 x 77 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Esta obra describe unha escena tranquila chea de lirismo. Serafín Avendaño, excelente debuxante, plasma a realidade dende un cromatismo intenso.
Á dereita, unha casa, roupa tendida e unha rapaza que descansa á beira dun río. Á esquerda, o río ao que uns gansos se achegan. O interese pola natureza e as escenas rurais queda patente nesta obra, na que predomina unha paleta quente e intensa de verdes, carmíns e terras, que capta a realidade con referencias precisas. Utiliza o pincel con suavidade, dando pequenos toques cos que consegue gradacións e texturas.
Sobresae a luz natural que o envolve todo e que demostra o seu dominio do debuxo e da cor. Preocupado polo detalle, destacan os reflexos que se proxectan na auga, a terra revolta á beira do río, as roupaxes tendidas ao sol, as follas das árbores, etc.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78