PERSONAJES
- INV:
- 3781
- Año de creación:
- 1961
- Dimensiones:
- 62 x 77 x 0
- Técnica:
- Aguada sobre papel
Comentarios
Este autor, Jaime Quessada, exquisito debuxante, pintou centos de cadros de estilos completamente distintos: impresionistas, expresionistas, surrealistas… e todos eles cunha mestría inmellorable e cunha forte personalidade, propia e única.Combatente político vinculado á esquerda radical, comprométese coa súa arte, buscando a liberdade e os dereitos humanos.
Realizada en branco e negro e cun gran xogo de grises, esta obra, Personaxes, amósanos unha realidade onde a sobriedade, a tristeza e o desamparo que retransmite o cadro son o auténtico tema. Multitude de persoas agrupadas, na súa maioría mulleres e nenos, amosan un rostro realmente triste. Por diante delas pasea un toureiro co seu traxe de luces, orgulloso e coa cabeza ben alta, levando o capote dobrado na súa man esquerda.
Os contornos das figuras, os pregamentos das roupas, mesmo o pelo, están feitos cun finísimo trazo negro. Destacan os rostros das personaxes: redondos, pálidos, con enormes ollos negros e a mirada perdida. Destacan tamén os pés e as mans de formas redondeadas.