• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CRISTO OBRERO CRUCIFICADO

SEOANE

CRISTO OBRERO CRUCIFICADO
INV:
3770
Año de creación:
1975
Dimensiones:
116 x 90 x 0
Técnica:
Óleo sobre tea

Comentarios

Estamos ante unha das obras máis emblemáticas do seu autor, non só por que se trata dun magnífico exemplo da súa última época, senón porque ademais é unha obra ateigada de historia e de significado. O seu periplo arranca en setembro de 1975, cando Franco asinou as súas últimas sentenzas de morte, de membros de ETA e do FRAP. As protestas nacionais e internacionais sucedéronse e, desde o púlpito, fíxoo o padre Manuel Espiña, que foi multado con 150.000 pesetas. Sabedor do caso, o seu amigo Luís Seoane dooulle este Cristo Obreiro para que o subhastase e pagase a multa, pero este importe conseguiuse a través dunha colecta e o párroco puido quedar co cadro que, desde entón, presidiu moitas misas impartidas polo padre Espiña. No ano 2005, foi adquirido por Caixanova e o diñeiro obtido serviu para sufragar os novos proxectos da Fundación Bemposta e do Circo dos Muchachos. É esta historia a que converte esta obra de Seoane nun verdadeiro símbolo da historia de Galicia.

Nesta obra, Seoane asume o cubismo aprehendido no seu periplo europeo de 1949, unido ao clasicismo de Picasso para construír, e os desaxustes cromáticos de Matisse. Atopamos neste traballo unha gran concesión ao realismo, en comparación con outras obras como Muller con chambra branca, de 1969. A cor, distribuída en tintas planas, adquire un gran protagonismo e deixa nun segundo plano o trazo da liña. O indubidable contido social desta peza responde a un momento artístico do seu autor no que a denuncia social se plasma en numerosas obras e é nesta crucifixión na que alcanza unha das súas cotas máis altas de dramatismo.

Exposiciones

Espazo Colección Caixanova. Exposición Permanente da Colección Caixanova. Vigo. Xaneiro, 2005.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78