Comentarios
O armazón compositivo é unha estructura xeométrica que xoga coa interacción de cores e formas. Un marco vermello cunha anchura irregular que rodea o fondo negro da tea ponlle freo ó posible ilusionismo que se crea no centro con agrupamentos de cadrados e círculos que nos remiten a unha linguaxe suprematista na que brincan distintas texturas, creándose unha tensión entre a forza centrípeta do cadro e a estructura expansiva da diagonal que suxire movemento. :
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, na sala de exposicións do Centro cultural.