• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CARBALLOS

XAVIER POUSA

CARBALLOS
INV:
3344
Año de creación:
1975
Dimensiones:
100 x 73 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

O sentido da luz e da cor foi sempre un referente de sedución e de busca neste autor namorado da paisaxe.

A harmonía das árbores no outono revela unha concepción panteísta da natureza. Recortados e enxalzados pola claridade transparente da mañá, os esveltos troncos, sen apenas follas, xustifican o espazo compositivo e deixan intuír, ó lonxe, a inmensidade dos campos e dos bosques.

Pousa traballa sobre un fondo esvaído, case neutro, onde o pigmento pode actuar e expresarse con liberdade para aprehender as sutilezas da luz. Para isto, combina superficies insistidas, empastadas, que xeran volume e texturas simuladoras da engurrada cortiza das árbores ou o balanceo da herba, con espazos limpos nos que a pincelada impresionista esparexe manchas de cor que recrean as variacións lumínicas, o cromatismo caprichoso de vermellos, amarelos, rosas e verdes das follas outonais.

Asociados á paisaxe e á cultura galega, os carballos expresan o amor á terra, representan os conceptos de identidade e eternidade, vestixios dun patrimonio que o artista desexaba retratar, “como se fose a última testemuña dun mundo que desaparece”.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78