• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PUEBLO CON IGLESIA

CABALLERO

PUEBLO CON IGLESIA
INV:
3323
Año de creación:
1972
Dimensiones:
80 x 100 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

É indubidable a influencia da paisaxe americana, das súas experiencias en Brasil onde residiu durante un longo tempo, feito que deixou gravado na memoria do autor recordos cos que vestir as súas obras de luz transparente, de arquitecturas brancas e de vexetacións exóticas.

A igrexa encalada, de estilo tipicamente colonial, centra a composición ofrecendo unha vista lateral. A escala do templo, a súa monumentalidade, exemplifica a importancia da relixión na vida cotiá, no planeamento urbanístico da vila que se ordea a partir do edificio de culto.

O lucido abraiante reviste o santuario dun significado simbólico, sobrecolledor en contraste coa humildade do contorno, do arrabalde onde dominan os pardos, ocres, marróns e negros de triste sinfonía que se quebra ante a pureza do branco e o resplandor da luz.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78