• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

CABALLERO

Caballero García-Barba, Manuel

( Vigo, 6 de octubre de 1924 - Pontevedra, 7 de febrero de 1993 )

Biografía

Trasladouse a Madrid a unha idade moi temperá e alí na capital de España asistiu ás clases da Escola Superior de San Fernando. Foi alumno particular do grande pintor Pancho Cossío. En 1952 emigrou a Brasil, onde residiu longo tempo. A súa obra inicial contén ambientes deste país con representacións folclóricas idealizadas onde o testemuñal ten liberdades plásticas dun grande interese. As súas escenas de bailes rueiros, de mesturadas multitudes de negros con vistosas e cromáticas vestimentas, as paisaxes de lugares suburbiais caracterizan un modo de facer de ascendencia impresionista e de claro regusto francés. Realizou exposicicións en diversas cidades de países sudamericanos. De volta a España, participou nas bienais de Pontevedra; na de 1975 acadou a medalla de bronce. Nestes anos a súa pintura experimenta un cambio considerable para achegarse a modos máis intimistas, de gusto exquisito, emparentables con Watteau, inda que posteriormente queda patente a forte influencia que sobre a pintura de Caballero exerce a mellor etapa de Laxeiro. Posúe un excelente oficio, unha sensibilidade refinada e mais é un grande debuxante, todo o cal lle dá á súa obra unha evidente personalidade, aínda que o artista incida no seu mundo deliberadamente menor, lonxe de calquera grandilocuencia. Está representado nos museos de Pontevedra e Vigo. Participou nas exposicións colectivas de importancia e tamén son frecuentes as mostras individuais en cidades de Galicia.

Bibliografía

ILARRI GIMENO, A.: Catálogo del Pazo Museo Municipal "Quiñones de León", Concello de Vigo, Vigo, 1978.

PABLOS, F.: Plástica gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

20 años de Arte en Pontevedra, Deputación Provincial, Pontevedra, 1989.

Obra

  • IGLESIA BLANCA

    IGLESIA BLANCA 1972

  • Catedral de Tuy

    Catedral de Tuy 1975

  • SANTA MARÍA Y CAMPILLO

    SANTA MARÍA Y CAMPILLO 1972

  • PESCADORES

    PESCADORES 1972

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78