Comentarios
Cunha sinxela estructura organiza a pintura en zonas delimitadas por incisivos contornos e un tratamento especial da materia. O mar destaca no centro, entre unha franxa de suaves outeiros e a zona de campos e arboredas do primeiro término; no ceo flota unha masa de nubes construídas con gran afecto plástico. A cor distribúese regulada, axustada cun acorde de notas baixas, en verdes, azuis, rosas e roxos.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición "Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 34.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.