• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ARTURO CIFUENTES

Cifuentes Pérez, Arturo

( Ávila, 1934 - Vilariño, Poio, Pontevedra, 30 de noviembre de 2018 )

Biografía

Arturo Cifuentes destacou como paisaxista e retratista, aínda que sentía predilección polo primeiro xénero porque consideraba que a través del podía contar unha historia completa. Estableceríase en Pontevedra en 1959, logo de realizar en Ávila a súa primeira exposición, á que seguirían varias por toda España.

Ao longo da súa traxectoria participou en diversos certames de pintura, logrando a medalla de bronce da Bienal de Pontevedra, o primeiro accésit no mesmo evento ou a medalla de ouro na Trienal de Pontevedra. Así mesmo, participaría nos anos 80 cos membros de Grupo Eixo, difusor da arte que se estaba realizando na provincia de Pontevedra, en diversas mostras a nivel nacional, incluída a feira ARCO. Nos últimos anos da súa vida viuse obrigado a abandonar a súa profesión por problemas na vista, pero a súa obra participou en diversas mostras colectivas de recoñecemento da súa traxectoria, entre elas a última no Museo de Pontevedra, onde se homenaxeou ao Grupo Eixo.

Interesado por recrear o espazo nas súas composicións, as paisaxes de Cifuentes destacan por estar tomadas desde un punto de vista alto, case a vista de paxaro, como se observa na obra Ría, pertencente á colección de Afundación. Construído en franxas superpostas de perfís ondulantes, nesta vista deixa a central para recrear a lingua de mar que se interna na terra, na que se divisa un illote, posiblemente a Illa de Tambo, situada na ría de Pontevedra entre Marín e Poio e que en tantas ocasións recreou, limitada na parte superior e inferior por arboredos que chegan ata o mar, ao mesmo tempo que se divisan pequenos grupos de poboación. A gran masa de nubes constitúe en si mesma a última franxa na que se estrutura a obra de xeito que lle outorga un grande efecto plástico co que o autor pode xogar coa suave gama cromática de azuis, verdes e rosas despregada na composición e que completa a precisión minuciosa do debuxo do primeiro plano.

Aínda que nesta ocasión Cifuentes escolleu unha paisaxe da costa galega, tamén predominaron na súa produción as vistas castelás, nas que xogou co alcance dos puntos de vista elevados para conseguir campos infinitos, onde predominan os ocres, sempre recreadas cos particulares remates ondulados característicos deste pintor. Foron Castela e Galicia a súa fonte constante de inspiración, o que lle permitía alternar e investigar as gamas cromáticas características de cada xeografía, sempre sen estridencias.

Bibliografía

20 AÑOS de arte en Pontevedra, Deputación Pontevedra, Pontevedra, 1989.

PABLOS, F.: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1981.

Obra

  • Paisaje

    Paisaje 1986

  • Invierno

    Invierno 1981

  • Mar rizada

    Mar rizada 1990

  • RÍA DA AROUSA

    RÍA DA AROUSA

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78