• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

MEMORIA DE ÁFRICA

ÁNXEL HUETE

MEMORIA DE ÁFRICA
INV:
2795
Año de creación:
2002
Dimensiones:
194 x 195 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre tea

Comentarios

Dentro da liña iniciada nos anos 90 por este autor, no camiño da paulatina negación da imaxe, como unha crítica á presenza excesiva desta na nosa sociedade, encóntrase esta obra, unha das máis valentes, arriscadas e conseguidas deste coherente artista. A obra formula un exercicio para a propia memoria do espectador, que se ve obrigado a abandonar a súa actitude pasiva para, acudindo aos seus propios recordos ou a aquilo que a obra lle evoca, recompoñela e descubrir aquilo que a escuridade esconde sen ocultar. Trátase dunha magnífica obra que, nunha mirada superficial, pode parecer simple pero que, antes ao contrario, está cargada de matices, de sensacións, de luces, sombras e cores que a converten nunha das obras cumes do seu autor.

A obra pertence á serie Estrutura da Memoria, na que Huete abandona conscientemente a imaxe para construír traballos coma este, que transcorren con igual intensidade polo camiño do intelecto e polo das sensacións.

Exposiciones

Espazo Colección Caixanova. Exposición Permanente da Colección Caixanova. Xaneiro 2005.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78